Galicia Encantada

· CONCURSO
· ÁREA RE-CREATIVA
· COLABORADORES
· DICIONARIO
· DIDÁCTICA DA FANTASÍA
· FLOR DE MESTRES
· MEDIATECA
· O QUE SE DI
· OUTRAS FANTASÍAS
· PREMIOS
· REVISTA
· RUTAS ENCANTADAS
· NOVAS
· A Morte
· Andel de Marabillas
· Astroloxía
· Augas
· Calendario
· Cocos, monstros
· Edificios encantados
· Fauna
· Flora
· Galicia desaparecida
· Heroes
· Historias encantadas
· Lendas urbanas
· Literatura oral
· Lume
· Medicina
· Mitoloxía relixiosa
· O alén
· O demo
· Pedras
· Publicacións
· Ritos, Obxectos..
· Sabía que...
· Santiago en Galicia
· Seres míticos
· Toponimia
· Webs encantadas
· Xeografía mítica
· Xogos


9.-As Burgas


Ver mapa más grande. Bases do concurso.

CATEGORÍAS RELACIONADAS

CONCURSO

COMENTARIOS ENVIADOS

Tres lendas circulan ao redor das Burgas. A primeira considera que as Burgas naceron dun volcán en repouso situado no lugar de Montealegre, monte próximo á cidade, que en calquera momento pode estoupar.
A segunda lenda di que a persoa que meta as mans nas súas fontes casarase cun ourensán. A terceira lenda é a mais estendida. Di que o manancial procede da Capela do Santo Cristo da Catedral, de aí as súas propiedades curativas. O que está claro é que as Burgas son un importante reclamo turístico para Ourense e representan o principal motivo de existencia desta cidade. Foron declaradas Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975. Como dato curioso, podemos comentar que antigamente as aldeás usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlles as plumas dunha maneira máis sinxela. A orixe do nome das Burgas tampouco está moi claro, para algúns autores procede do celta "beru", que quere dicir "quente". Pero a etimoloxía máis aceptada e a súa procedencia do latín "burca", que quere dicir "pía" en alusión aos baños utilizados polos romanos coma balnearios. A Burga de Abaixo, foi construida a mediados do século XIX, é a que leva mais caudal. Consta de tres corpos, cada un co seu cano. Con menos nivel de auga, está a Burga de Arriba, do século XVII, de dous canos e estrutura simple. Completan o conxunto a réplica de 4 aras romanas, un pequeno estanque de auga termal e dúas esculturas: "A Casa da Nube" e 'Calpurnia Abana', dedicada á ninfa Calpurnia.

Enviado por Marghó o 05/05/2008 ás 18:14:23


Lamas Carvajal no seu libro Gallegada. Tradiciós, costumes, tipos e contos d´a terriña, Tomo I.Imprenta d´O Eco d´Ourense.1887,ten un relato titulado Os Graxos d´A Burga.
Conta que a historia comeza no 1834, cando botaron ós frades dos conventos, e dous orfos sen oficio nin beneficio, procedentes dun deles,fóronse acubillar ao quente entre a chamada Burga de arriba e a de abaixo. Ao pouco todos os vagamundos de Ourense , moitos "fillos de familia" e nugallás tiñan alí o seu centro de operacións chamado "O Casino d´a Burga". Os primeiros, que trazaron, dirixiron e fixeron as obras foron O Mourón,O Pachete, O Portela, O Redes, O Carruxo, o Oso e O Cancheiro."Eran sete com´os sábeos de Grecia". Alí todo era de todos.Ata a roupa, coa que se tiñan que turnar cando querían ir "apañar" algo que levarse á boca ou cando ía ás arrasadeiras.
A súa mala sona correu por Galicia adiante e seica a xente desconfiaba de calquera ourensán non fora ser que fora un dos Graxos.


Enviado por Hixinio Castillo o 13/01/2010 ás 21:34:05


Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:


Copia no cadro os seguintes números*:

* Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.

Coordinador de contidos: Antonio Reigosa
Coordinador técnico: Manuel Fernández Prado (Lugonet)