¿que se supon que quere dicir, que hai unha cidade debaixo do mar? A ver se polledes algun texto acompañando as fotos.
Enviado por osckar o 15/05/2008 ás 14:12:47
Certo que é a praia de Lagosteira.
Supoño que será a parroquia de San Matiño de Duio e a lenda debe ser:
"A cidade asolagada de Duio"
Contan que hai unha cidade asolagada “Duio” nas terras de Fisterra.
Esta Dugium “magnus portus artabrorum” sei que foi tragada polo mar e non se saben as causas.
Foi unha catástrofe?. Un castigo divino ?
Cando chegou a Galicia o corpo do Apóstolo Santiago, en castigo os romanos asolagárona como castigo por traer novas do cristianismo.
Outra versión indica que foron os suevos aló polo século V a incendiaron por ser Duio un lugar cristianizado.
Referncias tomadas da páxina web: "Mitos de Galicia" de Miro Villar
Enviado por J. María Carricoba o 22/06/2008 ás 9:44:27
Deve ser a Cidade Petrónia, em Fisterra, perto da Praia Lagosteira (nom Langosteria).
Ao fondo ve-se o Monte Seoane, onde estava a Capela de San Joám. Neste monte acamparom os mouros para destrír a cidade, mas os seus habitantes, nom me lembro como, preferirom que a cidade se asolagase antes que vela nas maos dos mouros.
Enviado por Paulo Meraio Belasco o 20/05/2008 ás 14:54:02