Torre de San Paio - Xiá. Friol
Debe ser unha chiscadela do moderador.
Son varias as lendas relacionadas coa Torre entre elas a da "Cova da Serpe" ou a da "Dona da Torre" estoutra é unha versión creo que non moi coñecida fóra do concello.
Hai moito tempo na torre de San Paio de Narla había un home chamado Federico que estaba casado cunha muller chamada Catalina.
Federico, matou a Catalina. Cando a foron enterrar puxéronlle algodón para que non perdera sangue e fórona enterrar a Sobrado dos Monxes.
Catalina tiña uns irmáns en Italia. Tres anos despois de que ela morrera viñeron a Galicia os seus irmáns e foron a Sobrado dos Monxes a desenterrala.
Cando a desenterraron, sacáronlle os algodóns que tiña metidos onde lle cravaran o puñal.
Os irmáns sorprendéronse ao ver que a súa irmá non podrecera. Entón eles déronse conta de que ela era unha virxe e por eso agora lle quedou o nome de a “Virxe Catalina”.
Recollida por alumnos do C.P.I. Dr. López Suárez" de Friol no ano 2.004
Enviado por J. María Carricoba o 25/06/2008 ás 18:02:21