
| Hai case 20 anos en Lañas, Arteixo (A Coruña) vivia unha anciá que odiaba os nenos. Nas festas, cada vez que un neno cruzaba por diante da sua casa berraballe: Fóra de aquí! Ata que un día uns gamberros cun petardo, déronlle nun pé. Do chimpo que deu caiu ao forno queimándose viva. E agora din que as noites de festa a pantasma sae cunha escopeta disparando aos nenos e berrando, e á vez queimándoselle os pés. Os veciños din que agora vive en Madrid pero eu non o creo porque eu vía á Cambona. [Texto remitido por Martín Paz Boedo, de Arteixo (A Coruña). Outubro de 2008] |
|
CATEGORÍAS RELACIONADAS |