Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Polavila na Pontenova

Título: Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances.
Editorial: Servicio de Publicacións da Excma. Deputación Provincial de Lugo
Ano de publicación: 1998(1ª ed.), 2004(2ª).
Lugar de publicación: Lugo
ISBN: 84-8192-118-1
Autores: CARNERO, Ofelia; CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro ; REIGOSA CARREIRAS, Antonio; SALVADOR, Mercedes.
Ilustracións: Xoán Manuel Balboa
Descripción: 263 p. : il. col. ; 25x17 cm.
Contidos: 40 lendas, 51 contos, 37 romances.
__________
Do Prólogo, por Anxo FERNÁNDEZ OCAMPO

«O concello da Pontenova forma parte do que antigamente era o de Miranda, país asulagado nas memorias, do que hoxe non se conservan senón un xogo incompleto de unidades de medida e un curruncho no imaxinario literario galego.
As terras da Pontenova viviron en 1928 a primeira experiencia escrita no seu galego, coa publicación dos deliciosos Contos de Polavila, de José María López. Lembro con especial tenrura unha pasaxe do libro sobre as "cabezas parladoiras" dos magos das feiras, e o consello: Se levaras herva celidona no peto xa verías como non había tales cabezas parladoiras.
E debeu ser así, pois efectivamente hoxe son menos as cabezas que saben parlar.
Velaquí sen embargo outra polavila, froito dun coidadísimo e denso Inventario de lendas, contos, romances e outras manifestación da literatura de tradición oral do concello da Pontenova. Herdeira dunha tradición de tratamento de textos literarios populares en Galicia, Polavila na Pontenova é unha mostra da evolución dos métodos de recollida e da escrupulosidade e preparación dos que a concibiron e levaron a cabo.
De seguro os seus autores bateron nalgún momento con tecnocracias e ideas falsas que cuestionaron o interese de publicar este tipo de textos, podéndose ler practicamente "o mesmiño" en coleccións galegas ou doutras partes do mundo. O laio de poeta irlandés Máirtin O'Direáin era certo: unha morea de informes baixo unha capa de po, despois de nós, nun ministerio.
¿De que serve recrear, catalogar, querer comprender? Preclaras advertencias: ó cabo, ¿non vivimos nunha aldea global, nunha sorte de McAldea dixital, telemática e sismogónica? Hai mesmo un mercado global. Exploradores que nos achegan imaxes de polinesias exóticas afastados kalaharis e borneos. A globalidade mércase, vístese é cómese.
Mais neste traballo ¿u-la globalidade?
Porei un exemplo particular. Hai no lugar da Panturreira, parroquia de Bogo, un moíño.
Para ir a ese muín desde o Lugar do Fondo da aldea de Bogo - uns vinte minutos a pé - o camiñante con zocas de setebrincos ten de baixar á Aira de Baixo e pasar pola Conaxeira, o Chao da Canceliña, o Zarro do Neto, a Cortiña de Minguín. Logo a Pedra Picuda, logo por riba do Pontigo de Ramil, e polo Fondo das Pedragueiras, e aínda o Prado do Batoto, o Muiñou, a Casa do Nardo, o Níu do Corvo. E finalmente a Panturreira.
Ben. ¿El é global ter tanto nome para tan pouco sitio?
¿E a lingua?
Unha vez unha muller fora casada para lonxe. Un mozo que ela tivera avisáraa que no sitio para onde ía no se falaba igual, que as mantas chamábanse escaralladas, os ovos chamábanse peidos e os brazos angazos.
¿Aquí cal das linguas é a global? ¿A dos ovos ou... a outra?
Oín unha vez ós exploradores falar dunhas sorprendentes construccións onde se dan cita os nativos para falar do tempo dos soños: eran casas dos espíritos ou casas das palabras. Imaxinei daquela grandes cabanóns de madeira erguidos sobre unha rea de chantos.
Máis preto de nós, pola rúa da Tripa, en Vilaeimil, atoparemos un palafito semellante. Évos un hórreo de catro pernas, co seu piso de madeira, coa súa carne e co seu trigo e coas súas mazás a secar. O horro da Parola é o seu nome. Debaixo do seu ventre déronse falas de amor ducias de xeneracións.
Pero ademais o horro da Parola é o lugar escollido para os contos; onde entre traball


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Este libro foi editado pola Deputación de Lugo en 1998 e reeditado en 2004.
De non atopalo en librerias ou na entidade editora,solicite máis información a través do e-mail: correo(arroba)galiciaencantada.com

Enviado por Galicia Encantada o 31/01/2008 ás 21:10:10


Hola, donde podria comprar este libro ?

Enviado por Jose felix Rodriguez o 23/05/2017 ás 17:13:27


HOLAY MI NOMBRE ES VICENTE ANSOLA Y SOY UN FOTOGRAFO CANTABRO QUE HE RECALADO EN VUESTRA TIERRA(EN CONCRETO EN EL CONCELLO DE APONTENOVA HE COMENZADO HA HACER FOTOS DE ESTOS LUGARES Y ESTARIA INTERESADO EN COMPRAR ESTE LIBRO YA UQE PUEDE AYUDARME MUCHO PARA MI TRABAJO, YA QUE SE BASA EN MITOLOGIA, LEYENDAS ETC.
SI ME DECIS DONDE PUEDO PEDIRLO OS LO AGRADECERIA.
UN SALUDO Y ESPERO QUE LA PROXIMA VEZ YA PUEDA ESCRIBIR EN GALEGO PUES TODAVIA NON SE MOITO,GRACIAS.

Enviado por VICENTE ANSOLA TRUEBA o 31/01/2008 ás 19:19:33


Enviar comentario a este artigo: