Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cando os animais falaban

Título: Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de publicación: 2002.
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-8302-907-3
Autores: MIRANDA RUÍZ, Xosé / REIGOSA CARREIRAS, Antonio.
Ilustracións: Andrés MEIXIDE.
Máis información sobre esta obra.


Neste libro quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas. Quedan explicadas dun xeito inxénuo, plástico e fermoso. Pero non as explicaron doutro xeito os gregos e os xudeus, os indios e os chineses. E esta explicación foi a que lles deron aos seus fillos as nosas xentes durante séculos. Aquí nas túas mans tes, lector, os nosos mitos fundacionais, que poden compararse ós de calquera outro pobo do mundo.
Estas son as preguntas; as respostas están no libro.

¿Por que os corvos non son fachendosos?
¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?
¿Por que o paporrubio ten o papo rubio?
¿Por que a lavandeira fai felices ás rapazas no día de San Xoán?
¿Por que o moucho chama sempre polos bois?
¿Por que a curuxa sempre anda de noite?
¿Por que a curuxa é branca?
¿Por que o tinque é un paxaro tan pequeno?
¿Por que o chasco é un paxaro maldito?
¿Por que os paxaros fan niño?
¿Cando casan os paxariños?
¿Por que o pombo fai un niño tan pobre?
¿Por que o carrizo é o rei dos paxaros?
¿Por que non se poden comer os ovos de carriza?
¿Por que o cuco non fai niño?
¿Por que no inverno non se ve o cuco?
¿Por que non se ve o cuco nas mallas?
¿Que paxaro é tecelán?
¿Para quen cuca o cuco?
¿Por que non se poden tocar os niños?
¿Cando deixan os paxaros o niño?
¿Por que o samartiño ten manchas no lombo?
¿Por que as troitas teñen pintas vermellas?
¿Por que a pescada leva na fronte a imaxe da Virxe?
¿Por que o cangrexo anda cara atrás?
¿Por que arrecende á aceite ó amencer?
¿Voan as raposas?
¿Como se libran os raposos das pulgas?
¿Como se lle ocorreu a Deus facer o lobo?
¿Por que o lobo ten os cadrís caídos?
¿Por que os lobos se levan mal cos cans?
¿Por que o lobo ten a boca tan grande?
¿Por que coxea o lobo?
¿Por que o lobo non sabe rastrexar?
¿Por que o lobo teme ó home?
¿Por que non falan as ovellas?
¿Por que os cans se cheiran o cu?
¿A que volta se deita o can?
¿Por que a mula é estéril?
¿Por que a donicela non é amiga dos homes?
¿Por que a toupa non ten ollos?
¿Por que o caracol se chama caracol?
¿Como se collen os grilos?
¿Por que teñen aguillón as abellas?
¿Como nacen as moscas?
¿Como hai que facer para que non mosquen as vacas?
¿Que din as bestas cando falan?
¿Que lle di o burro ó amo?
¿Que se din dous sapos un ó outro?
¿Como se collen os lagartos?
¿De onde saen os sapoconchos?
¿Para onde van as cobras vellas?
¿Por que a cobra non ten patas?
¿Cando florecen os felgos?
¿Como se alimentan as follas das árbores?
¿Por que inzan as silveiras?
¿Por que as silvas dan amoras?
¿Por que as pólas do salgueiro medran cara a abaixo?
¿Por que hai figos vermellos?
¿Por que o pan de millo non espile?
¿Por que Galicia ten rías?
¿Por que o Eume ten curvas?
¿Por que o río Miño vai caladiño?
¿De onde saiu a cor vermella do arco da vella?
¿Quen fai o trono?
¿Quen fai a chuvia?
¿Quen fai a xeada?
¿De que falan a néboa e a vergoña?
¿Como se pode saber que día vai facer mañá?
¿Como se pode saber que tempo vai facer polo ano adiante?
¿Quen trae a aurora?
¿Por que o sol ten raios?
¿Por que hai unha hora máis de luz despois de porse o sol?
¿Por que a lúa ten cuartos?
¿Como se sabe cantos días ten a lúa?
¿Por que se lle ven manchas á lúa?
¿El será certo que hai un galego na lúa?
¿Que comían os seres humanos no Paraíso?
¿Onde está Deus?
¿Onde non está Deus?
¿Por que o Demo foi para ó inferno?
¿Por que ...?


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: