Actualizado en data 27/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A devoción popular nos santuarios lucenses (Estudo fotográfico)

Título: A devoción popular nos santuarios lucenses (Estudo fotográfico)

Autor: José Manuel Blanco Prado

Edita: Servizo de Publicacións Deputación de Lugo

ISBN: 978-84-8192-590-6

Dep. Legal: LU 21-2023

Este libro que se inicia, cun prólogo de Emilio Valadé del Río, é un estudio etnográfico sobre diferentes temas ligados coa relixiosidade popular na provincia de Lugo. Vai dirixido a todas as persoas de calquera nivel cultural, que poden chegar a unha comprensión deste fenómeno social, se van lendo paseniño os diferentes apartados do traballo.

No primeiro deles, fago mención dalgunhas pecualiaridades da piedade popular, reflectidas no seu fondo emotivo, máxico, pragmático, ritualista e simbólico.

Logo, analizo unha serie de vocábulos, relacionados cos santuarios, que constituen unha das manifestacións máis relevantes deste tipo de relixiosidade. Estes son analizados dende unha óptica relixiosa e, tamén profana. Na relixiosa fago alusión ao seu territorio de gracia; ás peticións ou rogativas; aos rituais; e as ofrendas. Na profana fago referencia a todo aquilo que vai deleitar aos romeiros logo do cumprimento dos oficios relixiosos; estoume a referir aos carruseis; ás orquestras; aos gaiteiros…

Nun terceiro apartado, incluo cento sesenta ilustraccións, referentes a uns oitenta santuarios, que van ser un bo referente para a comprensión do fenómeno social.

Finalmente, analizo unha serie de causas de índole socio-cultural, como as migracións; os medios de comunicación social; o desenvolvemento tecnolóxico; o aumento do nivel cultural nas comunidades rurais; a influencia pastoral; a falta de cregos… Estas motivaron que nun bo número de santuarios o seu labor foise decaendo nos últimos lustros. No obstante, aínda segue habendo recintos sacros, que seguen mantendo a súa actividade.

J. Manuel Blanco Prado

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: