Actualizado en data 23/09/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

PREMIOS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

GE, Premio Irmandade do Libro 2013, na modalidade de Fomento da Lectura

O xurado da edición XXII dos Premios Irmandade do Libro que convoca cada ano a Federación de Libreiros de Galicia, acordou por unanimidade conceder o Premio Irmandade do Libro 2013, modalidade de Fomento á Lectura ao proxecto de Galicia Encantada. O acto de entrega tivo lugar o sábado, 20 de abril de 2013, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos. O recoñecemento foi concedido “en virtude da gran dinamización realizada a nivel social da tradición oral galega, por manter vivo o mundo mítico galego, contando cun amplo apoio bibliográfico, polos contidos continuamente actualizados, por converterse nunha fonte de referencia para os centros de ensino, por divulgar o patrimonio cultural galego, por servir de medio de recolección de diferentes historias, polo rigor e a capacidade de investigación, por ser precursora na sistematización da memoria mítica galega”. Desde GE agradecemos este premio que, en xustiza, pertence tamén aos colaboradores que desde distintos ámbitos contribúen a manter vivo este proxecto, e aos lectores que día a día se achegan a esta fiestra virtual co ánimo de coñecer, de saber e de compartir a “alma” dun país e das súas xentes. Con estes azos, seguimos o camiño emprendido cara o noso décimo aniversario, que será, se nada o torce, en marzo de 2015. Mil grazas a todas/os.

_________ No resto de modalidades, os premios desta edición foron foron para: Libro do ano 2012: A noite branca, de Francisco Fernández Naval. Obra editorial do ano 2012: Colección Guías da natureza, de Baía Edicións. Libraría: Librería Kómic, de Santiago de Compostela. Centro de Ensino: CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra) Autor/autora do ano: Mª Xosé Queizán. Premio especial: Antonio Fernández Maira.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Prezado Antonio, a nosa mais cordial felicitación por este merecido premio e o noso ánimo para seguir adiante con este fermoso proxecto.

Apertas!

Merce & Luís


Enviado por Merce & Luís o 30/04/2013 ás 10:16:03


Albízaras!!! O mellor galardón témolo as xentes que lemos e vemos os vosos traballos e actividades publicados nesta tan fermosa carrilleira que nos leva o mundo máxico da Galicia Encantada...
Benvido sexa o premio...¡¡¡Grazas a vostedes!!!
Goliardo Ceibe,desde Barcelona.

Enviado por Goliardo Ceibe o 23/04/2013 ás 21:19:46


Noraboa Antonio :
Un premio moi merecido. Un gran traballo que fai que a nosa cultura non quede no esquecemento. Unha aperta

Enviado por Áurea Penas o 12/05/2013 ás 10:06:38


Moitos parabéns e a seguir co proxecto!!!

Enviado por A Voz de Vilalba o 22/04/2013 ás 16:35:22


Norabóa desde a Biblioteca do IES Fernando Esquío polo voso traballo e tan merecido premio.
Un saúdo

Enviado por Begoña López Soto o 21/04/2013 ás 23:40:34


Foi unha delicia ter participado nun xurado que tivo a sorte de ten este proxecto para poder premialo. Parabéns e grazas por nos poñerdes nas mans tanta fantasía asentada no espírito galego.

Enviado por Helena Villar Janeiro o 22/04/2013 ás 1:16:25


Enviar comentario a este artigo: